Youth Unstoppable

Categorias: Cine

Desde a Campaña Impórtanos do Concello de Vigo unímonos a  Another  Way Film Festival, o festival de cinema documental sobre progreso sustentable de Madrid que celebra a súa quinta edición do 24 ao 27 de outubro. Este ano colaboran con  Fridays  for  Future, o movemento estudantil internacional que esixe medidas de prevención contra o cambio climático a través de accións cidadás . O movemento ten unha forte presenza en España e cada vez ten máis importancia, como se pode ver nesta noticia.

Polo que o venres 25 de outubro celebramos a acción  Fridays  For  Another  Future, xunto a  Another  Way Film Festival,  Fridays  for  Future, o apoio de  Teachers  for  Future  Spain e a rede social de # cineyeducacion de Cero en Conduta, que consiste nunha proxección moi especial á que se pode asistir de maneira gratuíta, acompañada dun coloquio posterior entre o público e persoas do movemento estudantil
A película elixida é o documental  Youth  Unstoppable, dirixida por  Slater  Jewell- Kemker (Canadá, 2018), que captura a vibrante historia sobre como mozas de todo o mundo están a liderar a loita contra a emerxencia climática co fin de salvar o planeta e o seu propio futuro. A película mostrásese en versión orixinal subtitulada. 

Para participar nesta actividade requírese de inscrición previa e ser maior de 12 anos. Está destinada principalmente a institutos e colexios e pero tamén pode acudir o público xeral ata completar aforo
Interesaríavos participar?
Día: 25-10-10

Hora: 10:15 a 13:00

Lugar: Museo Verbum de Vigo

Para a inscrición teredes que encher este formulario e esperar a confirmación. 
“Moita xente pequena, facendo cousas pequenas en lugares pequenos, poden cambiar o mundo.”

Deixa unha resposta