Impórtanos e os IES Beade, Alexandre Bóveda, e Rosais 2 colaboran nunha experiencia piloto que ten como finalidade achegar o Comercio Xusto á comunidade educativa.

O Comercio Xusto (CX) é un sistema comercial solidario e alternativo ao convencional que persegue o desenvolvemento dos pobos e a loita contra a pobreza.
Neste modelo, a produción e o comercio están ao servizo das persoas e fan posible o desenvolvemento das poboacións máis desfavorecidas porque, ademais dos criterios económicos, ten en conta valores éticos que abranguen aspectos laborais, sociais e ambientais, mostrando que outro comercio é posible.

Coordinadora Estatal de Comercio Xusto (www.comerciojusto.org)

Xunto cos produtos, o alumnado e profesorado tivo toda a semana á súa disposición abundante información a través de carteis, dípticos e revistas para coñecer diferentes iniciativas de Comercio Xusto e que ao consumir este tipo de produtos:

  • Adquirimos produtos de calidade
  • Podemos recibir información sobre a procedencia, a cooperativa que os elaborou, de que están feitos, etc
  • Temos a garantía de que se produciron en condicións dignas e respectando os dereitos das persoas

Ademáis, nas vindeiras semanas Impórtanos desenvolverá obradoiros participativos nos institutos, co obxectivo de fomentar o consumo responsable e a capacidade crítica, que nos axude a recoñecer a nosa implicación na desigualdade mundial e ver como podemos poñer solucións.

Impórtanos!

Deixa unha resposta