Xusto!, no teu IES

Categorias: Bacharelato,Oferta de actividades,Secundaria

O Comercio Xusto

é un sistema comercial solidario e alternativo ao convencional que persegue o desenvolvemento dos pobos e a loita contra a pobreza.

Neste modelo, a produción e o comercio están ao servizo das persoas e fan posible o desenvolvemento das poboacións máis desfavorecidas porque, ademais dos criterios económicos, ten en conta valores éticos que abranguen aspectos laborais, sociais e ambientais, mostrando que outro comercio é posible.

Nos institutos

O Comercio Xusto pode ser un bo medio para fomentar o consumo responsable e a capacidade crítica que nos axude a recoñecer a nosa implicación na desigualdade mundial e ver como podemos poñer solucións.

Por iso, en torno ao Día do Comercio Xusto (11 de maio) pretendemos informar e sensibilizar á comunidade educativa sobre as inxustas relacións comerciais Norte-Sur e proporcionarlles as ferramentas necesarias para fomentar procesos educativos que axuden ao alumnado a comprender tales inxustizas e á súa vez, introducir o Comercio Xusto e o Consumo Responsable nos Centros Educativos, como ferramentas para promover un desenvolvemento sostible humano, económico, social e ambiental.

O obxectivo é conseguir que os institutos se convertan en “Centros Educativos polo Comercio Xusto”, mediante a sensibilización da comunidade educativa, a formación do profesorado implicado, e a mobilización nos centros escolares a favor do Comercio Xusto.

Vos animades?

 

 

Deixa unha resposta