Xornada de formación do Consello en Educación para o Desenvolvemento

Etiquetas:

Categorias: Cursos,EVENTOS

Co obxectivo de reflexionar sobre o traballo en Educación para o Desenvolvemento do Consello e comezar a definir e acordar as bases dunha futura estratexia organizamos unha xornada de traballo para os membros do Consello Local de Cooperación Internacional e Solidariedade.

A xornada, co título de “A educación para o desenvolvemento dende o Consello Municipal de Cooperación: Estratexias, experiencias e propostas de futuro”, tivo lugar onte entre as 16.30 e as 20.30 h. na sala multiusos do Centro de Servizos Sociais de Coia e á mesma asistiron 16 persoas.

O poñente elixido foi o catedrático da Universidade do Pais Vasco -EHU, D. Juanjo Celorio.

Deixa unha resposta