Xaime e as landras

Categorias: Contos con pegada,Pegada ecolóxica

Contidos a traballar durante a actividade

  • Coñecemento do medio.
  • Posta en valor do carballo como especie autóctona en Galicia e a súa importancia cultural, así como as carballeiras e as zonas verdes máis próximas.
  • Observación dun ser vivo reproducindo o seu medio natural nunha maceta.
  • Reflexión sobre os cambios nos procesos de crecemento e etapas nun ser vivo.
  • Consciencia do paso do tempo e das distintas estacións.
  • Reflexión sobre a pegada que deixamos no medio natural que habitamos.

Actividade proposta

  • Facer algunhas preguntas previas: Coñecían as landras antes da sesión? Sabían que era o froito do carballo? Asociar outras froitas coas súas arbores.
  • Plantar a landra gozando o feito de manipular a terra, preparar a maceta (propoñemos usar un brick ou botella de auga reciclada que sexa decorada polos nenos), coidar a landra.
  • Igual que Xaime o protagonista do conto, os nenos terán que esperar ata que a landra saia da terra, preto de dous meses, dependendo do coidado e substrato.
  • Facer un seguimento do crecemento da landra e contrastalo co dos compañeiros.
  • Unha vez que medre cerca de dous palmos, pódena ou ben plantar na casa para deixar a súa pegada preto do entorno familiar, ou plantar todos xuntos a árbore creando así un pequeno bosque de soños.
  • O finalizar o curso facer un balance da actividade. Crecemento das árbores, nivel de implicación das familias …

Recomendacións e suxestións

  • Recoméndase plantar algunha landra de mais por que non todas veñen arriba.
  • Se a actividade se realiza na casa, contarán na aula como foi o proceso de plantar a landra, quen lle axudou, como foi acollida a actividade … E cada certo tempo preguntar na aula polo desenvolvemento da actividade que poderá ir acompañada de debuxos ou imaxes da planta.
  • Acudir a biblioteca habitual e consultar material relacionado.
  • Facer algunha visita a algunha carballeira próxima ou algún lugar de observación da natureza

http://www.kalandraka.com/es/colecciones/nombre-coleccion/detalle-libro/ver/xaime-e-as-landras/

Deixa unha resposta