Vivir mellor con menos

Categorias: Conferencias,EVENTOS

Unha charla de Carlos Taibo

 

Onte, no auditorio municipal do Areal tivemos o pracer de escoitar a  Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo é a figura máis destacada no noso país da Teoría do Decrecemento.

Escritor con cerca de 40 libros publicados acaba de publicar o libro titulado “Colapso. Capitalismo terminal, transición ecosocial, ecofascismo” (Los Libros de la Catarata).

Taibo sostén que “vivimos nun planeta con recursos limitados e non ten sentido que aspiremos a crecer ilimitadamente” e falou do que nos depara un futuro baseado  nun capitalismo cos niveis de consumo actuais: “No Norte opulento temos que reducir os niveis de produción e de consumo. Pero temos que facer moitas outras cousas: recuperar a vida social que fomos perdendo, apostar por formas de lecer creativo, repartir o traballo, reducir o tamaño de moitas das infraestruturas que malutilizamos, restaurar a vida local que fomos deixando morrer”.

Para os que non puideron asistir e para os que desexen refrescar algunhas ideas aquí tendes o vídeo íntegro da intervención:

Tv da UVigo

 

Deixa un comentario