Viaxando cara outras realidades… co Estoxo Viaxeiro

Categorias: Contacontos,EVENTOS,NOVAS DE INTERESE

Lee, imaxina, participa… coopera!

En colaboración coa Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas xa está dispoñible o estoxo ou maleta viaxeira con materiais da campaña.

O proxecto dos estoxos viaxeiros iniciouse na Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas en outubro de 2011 co obxectivo de impulsar e dinamizar hábitos lectores dando a coñecer outras realidades e outras culturas (Non deixedes de visitar a súa páxina).

 

O estoxo contén ademais dos libros, xogos, receitas, obxectos para manipular, pequenos obradoiros ou pequenos traballos de investigación… En concreto:

1. Fichas (Co obxectivo de explicar a campaña e os diferentes obxectos do estoxo)

2. Carpeta de lecturas (Co obxectivo de ofrecer recomendacións para traballar contidos a través dos contos e gozar da literatura -contén Fichas de actividades e Guías de lectura-)

3.Mapamundi (Co obxectivo de ofrecer outra visión do mundo -o mapa de Mercator e breve explicación no anverso e o mapa de A. Peters e breve explicación no reverso-)

4.Bloc de notas (Co obxectivo de deixar espazo para recoller opinións e suxestións)

5.Carpeta de actividades (Co obxectivo de ofrecer actividades plásticas para traballar os contidos)

6. Obxectos (Co obxectivo de ofrecer obxectos que esperten a curiosidade e permitan achegarse aos contidos -contén café de Uganda, unha  ocarina do Perú, un quitapesares de Guatemala e un reloxo de area-)

7.CDs e DVDs (Co obxectivo de ofrecer recursos para achegarse aos contidos -contén dous CD de música: Canta connosco (Migallas) e Entren los que quieran (Calle 13)-)

Un DVD karaoke: Las canciones del miniverso (Entreculturas)
Tres DVD de vídeo: Cadena de favores (inclúe proposta didáctica), Binta e a grande idea (coa súa propia proposta didáctica) e Instrucciones para manejar una nave espacial (Amigos da Terra)
Un CD-Rom: A Viaxe solidaria (Jóvenes y Desarrollo)

8.Libros:
Tres contos: Pequeno azul e pequeno amarelo, Xaime e as landras, O poliño da abeleira
Un conto con CD: Palabras de África (PROCLADE)
Unha carpeta con materiais e contos sobre interculturalidade (Educación sen Fronteiras)
Tres libros: Juega conmigo (Educación sen Fronteiras e Imaginarium)

Deixa unha resposta