Un lugar desde o que mirar o mundo: ciclo de cine

Categorias: Adultos,Cine,Oferta de actividades

Un lugar desde o que mirar o mundo…

Cine para o desenvolvemento sostible

No Auditorio do Concello de Vigo,

con entrada gratuíta ata completar aforo

 

10 outubro, 20:00 h.

Movie-Poster-HUMAN-web_m

Dirixida por Yann Arthus-Bertrand (2015)

Duración 143 min.

Composta de imaxes e de testemuños, a película do fotógrafo e cineasta Yann Arthus-Bertrand retrata a humanidade de hoxe en día.

Rodada en 60 países durante máis de 2 anos, as 2.000 persoas entrevistadas entregan testemuños auténticos e profundos, abarcando temas universais como a loita contra a pobreza, a guerra, a homofobia pero tamén o amor, a familia e o futuro do noso planeta.

Unha combinación de testemuños e planos aéreos fan de Human un documental único.

 

24 outubro, 20:30 h.

In the same boat

Dirixida por Rudy Gnutti (2016)

Duración 72 min.

Este barco, metáfora da nosa civilización, ten diante unha oportunidade única.

Os avances tecnolóxicos poderían ser a clave para conseguir un mundo mellor e máis xusto pero, se non aprendemos a administralos, e non reorientamos o temón, o futuro podería ser ameazado.

Un documental que escoita a especialistas e personaxes como Zygmunt Bauman ou José Mújica…sen deixar de atender tamén os testemuños da xente común, de todos nós.

 

21 novembro, 20:30 h.

cartel-demain

Dirixida por Cyril Dion e Mélanie Laurent (2015)

Duración: 118 min.

Tras un estudo que anunciaba a posible desaparición de parte da humanidade en 2100, Cyril Dion e Mélanie Laurent e un equipo de catro persoas visitan dez países para investigar as causas da catástrofe e, sobre todo, a forma de evitala.

Durante a súa viaxe, atópanse con pioneiros que reinventan a agricultura, a enerxía, a economía, a democracia e a educación.

 

7 novembro, 20:30 h.

Cartel TORTUGA ROJA

Dirixida por Michael Dudok de Wit (2016)

Duración: 80 min.

Historia muda sobre un náufrago nunha illa tropical deserta, poboada de tartarugas, cangrexos e aves.

Ten esa maxia de facer que as horas do día e a textura da noite ou a choiva, debuxadas cunha sensibilidade exquisita, nos leven nunha viaxe polo ciclo vital. Unha maxia na que radica a nosa única esperanza para ser conscientes da conciencia universal da que formamos parte.

Deixa un comentario