Teatro coa Tropa de Trapo

Categorias: Oferta de actividades,Primaria,Secundaria,Teatro

A Tropa pon as historias…

e o público as reflexións

 

As actuacións da Tropa de Trapo son máis ca espectáculos de contos…

Hai contos pero tamén reflexión. Porque eles teñen cousas que contar, pero o público tamén.

Para falar de cooperación e solidariedade é preciso primeiro unha reflexión sobre o mundo. Comezando polo mundo que nos rodea, no que a nosas pegadas son máis directas e tanxibles. Por iso, a través dos contos cuestionaremos moitos comportamentos e pensamentos, compartiremos, xogaremos…

Se queredes traer aos vosos alumnos e alumnas, vos, coma docentes, só tendes que comprometervos a facer a reflexión posterior na aula,  desenvolvendo algunha das propostas e ideas que vos deixaremos para traballar os contos (ou inventando as vosas) sempre coa idea de que  os nenos e nenas (pero tamén o centro e as familias) coñezan a forza das súas propias pegadas…

E compartilas, claro.

 Contos coas mans abertas

Un espectáculo da Tropa de Trapo

Un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte.

Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen : as nosas mans abertas.

CONTOS COAS MANS ABERTAS recopila historias reais, humanas e sinceras. Mulleres dunha aldea galega que aprenden a andar en bicicleta, cooperantes, guerrilleiros sandinistas, vacas, inmigrantes do Magreb e unha tribu de bosquimanos… todo misturado cun ritmo entretido, cercano e emocionante.

Sempre aliñado cun pouco de retranca, misterio e ilusión… e o ritmo da música en directo.

IMG_0925

Os días 28 de outubro de 2015 ás 12:00

e 29 de outubro de 2015 ás 10:00 e ás 12:00

no Auditorio do Concello de Vigo

Duración aprox. 50 min.

Para alumnado da ESO
Gratuíto. Prazas limitadas!

Se o teu centro educativo está interesado en levar un grupo,  escríbenos ao correo importanos@importanos.org

 

Antía. Wamba e o regato pequeno

O espectáculo da Tropa de Trapo

Antía é unha nena que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo de Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba: Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.

Catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir de verdade, de valorar o importante, de rir, de mirar con esperanza ao futuro…

Contos para bailar e cantar, para xogar, pero tamén para sentir e pensar. Todo fiado coa voz de Wamba e un refrán de súa avoa: o río énchese de regatos pequenos

Antía, Wamba e o regato pequeno estivo coa campaña Impórtanos xa no 2012 (aquí tes as súas visitas a centros de Vigo).

cartaz antia wamba

O días 27 e 28 de outubro de 2015
no Auditorio do Concello de Vigo

Sesións ás 10:00
Duración aprox. 50 min.

Para alumnado de Primaria
Prazas limitadas!

Se o teu centro educativo está interesado en levar un grupo,  escríbenos ao correo importanos@importanos.org

 

 

E como novidade:

Ti tamén contas

… máis ca un espectáculo de contos

Porque nós temos cousas que contar, pero o público tamén.

A Tropa de Trapo comezará contando uns contos breves que aporten temáticas para traballar despois e, a continuación, e a través de xogos e dinámicas participativas, afondaremos nos temas e conceptos suxeridos nos contos.

E de que falaremos? Pois do mundo que nos rodea, no que a nosa acción é máis directa e tanxible, tratando temas como:

  • a abundancia de cousas materiais, os xoguetes que temos, os que precisamos e os que non usamos,
  • a relación entre ter moito é ser feliz, o que pensa a xente, o que pensan eles…
  • as consecuencias que ten esta abundancia de cousas para unha parte do mundo, as consecuencias do traballo en condicións de explotación, o traballo infantil
  • a importancia de axudarse e colaborar para mellorar o mundo no que vivimos, os efectos das nosas accións sós e en comunidade

A Tropa de Trapo pon as historias, o público as reflexións.

E compartirémolas xogando, entre todos e todas. Porque todos contamos.

 

O día 11 de novembro de 2015
no Auditorio do Centro Cívico de Teis

Sesión ás 10:00
Duración aprox. 60 min.

Para alumnado de 1º e 2º ciclo de Primaria
Prazas limitadas!

Se o teu centro educativo está interesado en levar un grupo,  escríbenos ao correo importanos@importanos.org

Deixa unha resposta