Teatro coa Tropa de Trapo 2017

Categorias: Oferta de actividades,Primaria,Secundaria,Teatro

A Tropa pon as historias…

e o público as reflexións

 

As actuacións da Tropa de Trapo son máis ca espectáculos de contos…

Hai contos pero tamén reflexión. Porque eles teñen cousas que contar, pero o público tamén.

Para falar de cooperación e solidariedade é preciso primeiro unha reflexión sobre o mundo. Comezando polo mundo que nos rodea, no que a nosas pegadas son máis directas e tanxibles. Por iso, a través dos contos cuestionaremos moitos comportamentos e pensamentos, compartiremos, xogaremos…

Se queredes traer aos vosos alumnos e alumnas, vos, coma docentes, só tendes que comprometervos a facer a reflexión posterior na aula, desenvolvendo algunha das propostas e ideas que vos deixaremos para traballar os contos (ou inventando as vosas) sempre coa idea de que os nenos e nenas (pero tamén o centro e as familias) coñezan a forza das súas propias pegadas…

E compartilas, claro.

Antía, Wamba e o ritmo do camiño

 

Antía e Wamba coñecéronse hai anos, compartindo unha merenda cando Antía era nena. Pero pasaron os anos e agora Antía está en África traballando coma cooperante, mentres Wamba segue en Europa intentando gañarse a vida. Os dous seguen en contacto, falando a través da rede. Antía, no medio do seu choque cultural, descubrindo África, co seu ritmo, a súa alegría e os seus conflitos, e Wamba loitando día a día por saír adiante.

Antía contaralle a Wamba as historias africanas que se vai atopando e Wamba falaralle a Antía de cómo ve Europa despois de tantos anos intentando sobrevivir. Os dous xuntos na distancia, correo a correo, paso a paso, descubrindo o ritmo dos seus novos pasos…

O día 13 de novembro de 2017

no Auditorio do Concello de Vigo

Sesións ás 10:00 e ás 12:00 h.
Duración aprox. 50 min.

Para alumnado de 1º e 2º ciclo de Primaria
Prazas limitadas!

Inscricións

 

 

Ti tamén contas

Máis ca un espectáculo de contos… porque nós temos cousas que contar, pero o público tamén.

A Tropa de Trapo comezará contando uns contos breves que aporten temáticas para traballar despois e, a continuación, e a través de xogos e dinámicas participativas, afondaremos nos temas e conceptos suxeridos nos contos.

E de que falaremos? Pois do mundo que nos rodea, no que a nosa acción é máis directa e tanxible, tratando temas como:

  • a abundancia de cousas materiais, os xoguetes que temos, os que precisamos e os que non usamos,
  • a relación entre ter moito é ser feliz, o que pensa a xente, o que pensan eles…
  • as consecuencias que ten esta abundancia de cousas para unha parte do mundo, as consecuencias do traballo en condicións de explotación, o traballo infantil
  • a importancia de axudarse e colaborar para mellorar o mundo no que vivimos, os efectos das nosas accións sós e en comunidade

A Tropa de Trapo pon as historias, o público as reflexións.

E compartirémolas xogando, entre todos e todas. Porque todos contamos.

 

O día 14 de novembro de 2017
no Auditorio do Concello de Vigo

Sesións ás 10:00 e ás 12:00
Duración aprox. 60 min.

Para alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria
Prazas limitadas!

 

O día 15 de novembro de 2017
no Auditorio do Concello de Vigo

Sesión ás 10:00
Duración aprox. 60 min.

Para alumnado de 4º ESO en adiante
Prazas limitadas!

Inscricións

Deixa un comentario