Teatro con Pegada 

 

Outra das actividades que vense replicando nas últimas campañas foi a organización de sesións de teatro para centros educativos nas que contamos, unha vez máis, coa Tropa de Trapo.

Os seus espectáculos reflexionan sobre o mundo que nos rodea, no que a nosas pegadas son máis directas e tanxibles. Pero, aínda que eles teñen cousas que contar, o público tamén… porque son actividades que, ademais de entreter e divertir, serven para achegar tanto aos docentes coma ao seu alumnado á cooperación e á solidariedade, para cuestionarnos moitos comportamentos e pensamentos, compartir, xogar… e participar.

Nesta edición organizáronse cinco pases de tres espectáculos diferentes:

Antía, Wamba e o ritmo do camiño. Para alumnado de 1º e 2º ciclo de Primaria, o día 13 de novembro de 2017 no Auditorio do Concello de Vigo. Dúas sesión, ás 10:00 e ás 12:00 h., de 50 min. de duración.

Ti tamén contas (infantil). Para alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria, o día 14 de novembro de 2017 no Auditorio do Concello de Vigo, Dúas sesión, ás 10:00 e ás 12:00, de 60 min. de duración.

Ti tamén contas (adultos). Para alumnado de 4º ESO en adiante, o día 15 de novembro de 2017 no Auditorio do Concello de Vigo ás 10:00, cunha duración aprox. de 60 min.

 

En total foron 838 escolares e 49 docentes (de 13 centros educativos) os que acudiron ao teatro connosco.

 

Deixa un comentario