sesion1_4

Finaliza o Achégate ao Sur 2017

Achégate ao Sur   Continuando a colaboración coa Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, organizamos de novo o obradoiro “Achégate ao Sur”, unha actividade formativa dirixida a todas aquelas persoas interesadas en achegarse e descubrir ferramentas para interpretar algúns acontecementos sociais e outras pistas para un modelo de vida sostible….

IMG_1262

Finaliza o Achégate ao Sur 2016

Un obradoiro en colaboración coa Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo   Este curso o obradoiro ampliouse ata as 30 horas (computables para créditos ECTS pola Universidade de Vigo) distribuídas en 10 sesións todos os xoves do 6 de outubro ao 15 de decembro de 2016 en horario de 17…

IMG_1596

Finaliza unha nova edición do “Achégate ao Sur”

Un ano máis, o Vicerreitorado de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo e Impórtanos, organizaron o obradoiro “Achégate ao Sur” co obxectivo de ofrecer un espazo para a reflexión, intercambio e coñecemento das desigualdades Norte-Sur, tratando de favorecer a participación en propostas que promovan o encontro intercultural, a igualdade e a transformación social. O obradoiro…

Cartel_CAMINO_A_LA_ESCUELA2

Camino á escola… da man de Impórtanos e a Universidade de Vigo

Cerca de 100 persoas asistiron ao pase da película “Camino a la escuela” que a campaña Impórtanos e a Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo organizaron este mércores 14 de outubro ás 11:00 no salón de actos da Escola de Enseñería Industrial da rúa Torrecedeira nº 86. “Camino a la escuela” (gran triunfadora…

g3

A Universidade de Vigo acolle a exposición “Tras a marca”

No marco da campaña Impórtanos e con motivo da celebración do Día Europeo do Comercio Xusto, a Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais acolle, do 11 ao 22 de maio no centro comercial da Cidade Universitaria, a exposición “Tras a marca” co obxectivo de sensibilizar á comunidade universitaria no consumo responsable. A exposición, forma…

miniatura_web

A exposición da Campaña Mundial pola Educación na Universidade de Vigo

As Realidades dos Obxectivos de Educación Para Todos e Todas Marcos Ulloa, técnico de Cooperación ao Desenvolvemento da Uvigo, destaca o obxectivo desta exposición: “sensibilizar á comunidade universitaria, para que a xente pase dunha actitude expectante e pasiva a unha máis activa, tanto na esfera individual como colectiva dentro da Universidade, facéndoa realidade a través…

IMG_0561

Achegándonos ao Sur… un obradoiro con máis preguntas que respostas

Seguimos facendo memoria… Porque un ano máis Impórtanos organizou xunto co Vicerreitorado de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo o obradoiro “Achégate ao Sur”, un obradoiro gratuíto de 15 horas (computables para créditos ECTS) distribuídas en 5 sesións celebradas todos os xoves do mes de outubro de 2014 na Escola Universitaria de Estudos Empresariais de…

2013-12-04_5_sesion_AAS

Rematamos o obradoiro Achégate ao Sur… participando

É posible cambiar as cousas dende a nosa realidade cotiá? Que podemos facer? Este módulo quixo facer un convite aos participantes do obradoiro para que, unha vez feito o percorrido polo resto das sesións, poidan achegarse ás alternativas de cambio e as posibilidades de implicación persoal e colectiva que pode haber no seu ámbito máis…

2013-11-27_4_sesion_AAS

Cuarta sesión na Universidade: Xénero e Desenvolvemento

Que é sexo? Que é xénero? Que significa ser home e ser muller na nosa sociedade? Nesta ocasión, Dolo Queiro, tratou de explicarnos a que responden as diferenzas, se son biolóxicas ou aprendidas, como as adquirimos, por que as reproducimos, por que as diferenzas se converten en discriminacións cara ás mulleres e como repercute isto…

IMG_0252

Achegándonos ao “Desenvolvemento”

Onte tivemos a terceira sesión do curso “Achégate ao Sur” na Universidade de Vigo co título Teorías de Desenvolvemento e políticas de Cooperación Internacional. Nela, Pedro José Gómez Serrano, partindo da analise das desigualdades mundiais a través das estadísticas mundiais “en tempo real” e  enlazando coa sesión anterior, mostrounos as posibles explicacións desas desiguais relacións…