Rematan os contacontos… 15 sesións despois

Pegadas de conto Coa sesión “Pegadas de conto” tratamos de achegar os contidos e enfoques daEducación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global ao alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria. É unhadas actividades de éxito da campaña Impórtanos dende as primeiras edicións e na nosa proposta de traballo, Bea Campos conta varios contos…

Contacontos 2017

Contos con Pegada    Unha das actividades creadas para Impórtanos xa dende as primeiras edicións foi a sesión “Pegadas de conto” que sempre tivo boa acollida e resultados. Todos os nenos e nenas séntense atraídos polo mundo dos contos e, por iso, tratamos de utilizalos como recurso para traballar sobre a nosa pegada no mundo…

Teatro 2017

Teatro con Pegada    Outra das actividades que vense replicando nas últimas campañas foi a organización de sesións de teatro para centros educativos nas que contamos, unha vez máis, coa Tropa de Trapo. Os seus espectáculos reflexionan sobre o mundo que nos rodea, no que a nosas pegadas son máis directas e tanxibles. Pero, aínda…

Contando con vos…

Seguimos facendo memoria… Dende Impórtanos! sempre pensamos que os contos poden ser un bo recurso para motivar e achegarse á Educación para a Cidadanía Global, a Solidariedade e o Desenvolvemento. Por iso, un ano máis, ofrecémosvos sesións de contacontos coas que traballar as nosas pegadas no mundo cos nenos e nenas de Infantil. Nas sesións…

Aproveitando as pegadas dos contos… a favor dunha educación inclusiva

Baixo o lema “Sumemos capacidades. Polo dereito a unha educación inclusiva“, a Campaña Mundial pola Educación (www.cme-espana.org) reivindica en todo o mundo o dereito de nenos e nenas con necesidades educativas especiais a recibir unha educación de calidade, sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades, tal e como queda reflectido na Convención…

O CEIP Chans-Bembrive deixa pegadas… por un Nadal solidario

Trala presentación da Tropa de Trapo, unha das actividades que realizaron os alumnos e alumnas do CEIP Chans-Bembrive foron estas pegadas… para lembrar o que cada un  de nos pode aportar por un Nadal solidario. Tamen fixeron unha pequena recompilación  de debuxos e contos para Antía e Wamba que teñen na Biblioteca. Xente con pegada!…

…este conto está rematado (ou non?)

O curso co Centro de Formación e Recursos do Profesorado chegou ao seu fin. Na última semana os mestres e mestras puxeron en práctica o aprendido e levaron os seus contos ás aulas. Escolleron un conto para traballar e xogar con el: lérono, coñecérono, quixérono… ata contalo. Ademais, propuxeron diferentes actividades que, relacionadas co conto,…

Os regatos de Bembrive tamén enchen o río

Onte chegou a Tropa de Trapo ao CEIP Chans – Bembrive coa obra “Antía, Wamba  e o regato pequeno”. Nenas, nenos, mestras e mestres desfrutaron, riron, sentiron e pensaron coas historias de Brais e Marta… Historias que os levaron de África a Galicia e de Galicia a África cunha idea: os ríos énchense cos regatos…