Smartes é unha iniciativa de Impórtanos para, a través do cine, achegarnos á realidade, complexa e desigual,  e lanzar unha mirada crítica a todo aquelo que nos rodea.

Unha invitación para …

 

Foto_21_Campo_de_golfQueremos lanzar unha mirada ampla, global (que non neutral) e As películas seleccionadas pretenden, máis que respostas, propoñer preguntas que, aínda que non sexan cuestións novas, non por iso deixan de ser necesarias e urxentes.

Máis alá das respostas globais o noso posicionamento individual pode ser, en si mesmo, unha boa oportunidade para exercer unha cidadanía responsable e apostar polo cambio; o cambio nas nosas sociedades, na xestión das nosas economías, na maneira de relacionarnos co noso único planeta.

Repensar o presente para construír o futuro

Desde o comezo da historia da humanidade, as persoas e comunidades viaxaron dun lugar a outro na procura de mellores condicións de vida. Así mesmo, desde moitos séculos atrás construíronse fronteiras, muros e murallas para demarcar territorios e defender fortalezas.

Na retórica das migracións e as fronteiras hai poderosos simbolismos. As persoas migrantes son “as estranxeiras”, “as de fóra”, “as outras, o espello”. As fronteiras son lugares de medos, de barreiras, do límite do coñecido, pero tamén son lugares de contacto, intercambio e aprendizaxe.

Contemplar o mundo desde as fronteiras ponnos diante dun límite e dun desafío:

– Os límites dun sistema global que xera exclusión e vulnera a dignidade de millóns de persoas.

– O desafío da construción dun sistema de gobernanza mundial cun réxime migratorio global baseado na dignidade humana.

 

Dende a Campaña Impórtanos convidámosvos a ser parte da súa viaxe, a lembrar que as migracións están e estiveron presentes na vida de cada un de nós e a defender que a liberdade para saír de calquera país é un dereito fundamental de todas as persoas.

A non esquecer que todas as persoas SOMOS MIGRANTES

 

Reserva a exposición…

 

Cubre o formulario

ou, para calquera dúbida, contacta con Juan Fernández Durán, coordinador da Campaña Impórtanos no correo importanos@importanos.org

Destinatarios

Alumnado de ESO e Bacharelato.

Formato e medidas

A exposición consta de dezaseis lonas de 1,10×1,80cm coas fotografías e textos, que van montadas sobre catro estructuras desmontables con forma de cubo.

As fotografías agrúpanse en catro bloques (un en cada estructura):

  1. A realidade da migración na fronteira México-USA (Fronteira Norte).
  2. A realidade da migración na Fronteira Sur (Melilla).
  3. A realidade da migración no Mediterráneo (paso do Estreito, Siria, etc).
  4. A realidade da migración mostrada dunha forma orixinal e creativa no grupo de fotografías chamado Borders

As estruturas se colocarían nos espazos comúns dos centros educativos (no mesmo ou diferentes espazos) e o transporte e a montaxe corre a cargo da campaña Impórtanos.

 

máis info sobre a exposición

E organiza visitas guiadas…

 

A exposición conta cunha proposta didáctica para traballar a partir das fotografías, nun itinerario con tres momentos diferentes:

  1. Encontros fronteirizos. Antes de comezar a ver a exposición, para motivar a visita e promover unha actitude de apertura.
  2. Itinerario acompañado. Durante a exposición.
  3. Muros de papel. Tras a visita á exposición. Actividade de reflexión.

Coñece a proposta didáctica

A proposta didáctica ten como obxectivo acadar unha comprensión amplia da realidade das fronteiras desde unha perspectiva de contexto, promovendo actitudes de respecto e empatía.

Descarga a Guía aquí

 

Desde Impórtanos podemos axudarvos na organización dunha primerira visita guiada cun grupo, coa idea de que ese grupo poda realizar as diferentes visitas guiadas á exposición con outros grupos do centro educativo.