O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade promove a Irmandade Galicia-Cabo Verde coa visita dunha delegación procedente do arquipélago africano para visibilizar os proxectos de desenvolvemento apoiados nos últimos once anos e tamén sensibilizar á cidadanía e aos representantes políticos sobre as desigualdades entre os países do Norte e do Sur, nun exercicio de transparencia e intercambio. máis info na web do Fondo

Nesta ocasión foron o alcalde de Vigo e a edil de Políticas de Benestar, Isaura Abelairas, quen recibiron a Manuel de Pina -presidente da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos e rexedor de Ribeira Grande- e Rosa Lópes -presidenta da Cámara municipal de Porto Novo e única alcaldesa entre os 23 municipios de Cabo Verde- para destacar o traballo conxunto dirixido, nos dous últimos anos, á mellora da xestión de residuos en Porto Novo e á dinamización da agricultura en Santa Cruz. máis info na web do Concello

Tras a visita institucional houbo unha nova representación de ‘Antía, Wamba e o regato pequeno’, á que asistiron nenas e nenos dos colexios Emilia Pardo Bazán, Illas Cíes, Sárdoma-Moledo, Paraixal, Santa Tegra, Atalaya-Cantabria e Ramón y Cajal.

E pola tarde organizouse un encontro da sociedade civil galega con Cabo Verde, ao que asistiron, entre outras, as ONGD membros do Consello Municipal de Cooperación.

Aquí tendes algunhas fotos…

Deixa unha resposta