Tras unha semana falando e reflexionando sobre o contexto de desigualdade no que nos toca vivir e educar, onte comezou o segundo bloque do curso “Os contos como recurso para a Educación para a Solidariedade e o Desenvolvemento” no Centro de Formación e Recursos do profesorado de Vigo, nesta ocasión enfocado á práctica da ESD nos centros educativos.

María Caride, de Solidariedade Internacional, introducíu o tema, na que se debatiu sobre os posibles enfoques da solidariedade e as posibilidades de traballo nos centros.

Coma sempre, a sesión requeríu da participación activa dos docentes que, de momento, están a encaixar bastante ben tanto movemento. Para mostra…

 

Movemento e sentimento que sempre ben complementado coa reflexión e análise posteriores…

 

Deixa unha resposta