Pegadas de conto

Coa sesión “Pegadas de conto” tratamos de achegar os contidos e enfoques daEducación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global ao alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria.

É unhadas actividades de éxito da campaña Impórtanos dende as primeiras edicións e na nosa proposta de traballo, Bea Campos conta varios contos seleccionados que serven de motivación para que, nas sesións seguintes, as e os docentes podan facer coas nenas e nenos as actividades de reflexión que lles parezan oportunas.

Nesta ocasión os contos seleccionados foron:

  • Dez dedos nas mans e dez
    dedas nos pes
    (Mem Fox), para traballar igualdade, diversidade, interculturalidade,
    empatía, tolerancia
  • A horta de Simón (Rocío Alejandro) para traballar a agricultura,
    natureza; convivencia, tolerancia, xenerosidade
  • Demasiados juguetes (Rosemary McCarney),
    sobre consumismo, consumo responsable, desigualdades
  • Qué fai falta? (Gianni Rodari) para
    achegarse á pegada ecolóxica, sustentabilidade
  • E Al furgón! (Henri Meunier, Nathalie Choux) sobre migracións,
    mobilidade, dereitos humanos

Fixéronse 15 sesións nas que participaron 704 alumnas e alumnos de Infantil e Primaria e 35 docentes dos colexios CEIPVirxe do Rocío, CEIP Chans Bembrive, CEIP Illas Cíes, EEI Rúa Aragón, CPRPossumus, CEIP Vicente Risco, EEI Monte do Alba, CEIP Eduardo Pondal, CPRQuiñones de León, EEI Monte da Guía, EEI Cristo da Victoria, CEIP Santa Mariña,CEIP Sárdoma Moledo, CEIP Igrexa-Candeán e CEIP Josefa Alonso de Alonso.

Flickr API error: Service currently unavailable (Site Disabled)

Deixa unha resposta