Rematamos os contos con pegada

Categorias: Contos con pegada,Pegada ecolóxica

Coa sesión “Pegadas de conto” tratamos de achegar os contidos e enfoques da Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global ao alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria.

É unha das actividades de éxito da campaña Impórtanos dende as primeiras edicións e na nosa proposta de traballo, Bea Campos conta varios contos seleccionados que serven de motivación para que, nas sesións seguintes, as e os docentes podan facer coas nenas e nenos as actividades de reflexión que lles parezan oportunas.

Fixéronse 14 sesións nas que participaron 621 alumnas e alumnos de Infantil e Primaria e 35 docentes dos centros CEIP Virxe do Rocío, EEI Rúa Aragón, CEIP Seis do Nadal, CEIP Paraixal, CEIP Plurilingüe O Pombal, CEIP Otero Pedrayo, CEIP A Doblada, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Alfonso Castelao, EEI Monte Alba, CEIP Ría de Vigo, EEI Cristo da Victoria, CEIP Frían Teis, CEIP García Barbón.

Este ano a temática central da sesión foi a nosa ecolóxica e como coidar o planeta está nas nosas máns. Acompañaron as nosas sesión unha pirata brava chamada Daniela, un osiño polar que buscaba a sua nai, e o noso peixe favorito do Oceano, Nadarín o peixe negro que organizou aos vermellos para poder mirar as fantásticas cousas que existen no noso mar sen temor.

E aquí vos deixamos o que poidemos recoller dos blogs dalgúns dos centros nos que estivemos:

CEIP Emilia Pardo Bazán (Chouzo):
http://chouzouno.blogspot.com/2019/10/pegadas-de-conto.html

CEIP Otero Pedrayo:
http://blogdelaprofemaria.blogspot.com/2019/11/contacontos.html

CEIP A Doblada:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdoblada/?q=node/821

Moitas grazas, e lembrade, moita xente pequena, facendo cousas pequenas, en lugares pequenos, pode cambiar o mundo.

Deixa unha resposta