Rematamos o obradoiro Achégate ao Sur… participando

Etiquetas:

Categorias: Achégate ao Sur,Centros participantes,Cursos,EVENTOS,NOVAS DE INTERESE,XENTE CON PEGADA

É posible cambiar as cousas dende a nosa realidade cotiá? Que podemos facer?

Este módulo quixo facer un convite aos participantes do obradoiro para que, unha vez feito o percorrido polo resto das sesións, poidan achegarse ás alternativas de cambio e as posibilidades de implicación persoal e colectiva que pode haber no seu ámbito máis próximo e que poden contribuír ao cambio social.

Da man de Xosé Luis Pastoriza analizamos conceptos tan utilizados como “solidariedade”, “participación” ou “cidadanía” dende unha lectura crítica e cunha mirada ampla e esperanzada e co convencemento de que a participación social pode contribuír ao cambio…

“O futuro é unha construción que se realiza no presente, e por iso concibo a responsabilidade co presente como a única responsabilidade seria co futuro. O importante, decátome agora, non é que un mesmo vexa todos os seus sonos cumpridos; senón seguir, obstinado, soñándoos. Teremos netos e eles fillos á súa vez. O mundo continuará e o seu rumbo non nos será alleo. Estámolo a decidir nós cada día, decatémonos ou non.”  Gioconda Belli

Existen hoxe, no noso ámbito máis ou menos próximo, moitas posibilidades de participación social para o cambio… e semella que, nalgúns casos, o primeiro paso xa está dado.

Esperamos que así sexa…

Grazas pola participación!!

 

 

Deixa unha resposta