Remata o Smartes 2017

Etiquetas:

Categorias: Cine,EVENTOS

Un lugar desde o que mirar ao mundo

 

Smartes – cine para o desenvolvemento sostible foi unha nova iniciativa Impórtanos para achegarnos á realidade, complexa e desigual, e lanzar unha mirada crítica a todo aquelo que nos rodea.

A través do cine pretendemos achegarnos á realidade, complexa e desigual, e lanzar unha mirada ampla e global (que non neutral) á realidade e aos constantes cambios nas nosas sociedades, nas nosas economías, na maneira de relacionarnos co planeta… Unha mirada crítica a todo aquelo que nos rodea que, máis que respostas, nos suxira preguntas.

Unha boa oportunidade para exercer unha cidadanía responsable e apostar polo cambio; o cambio nas nosas sociedades, na xestión das nosas economías, na maneira de relacionarnos co noso único planeta.

O ciclo organizou cinco sesións de cine en aberto e con entrada gratuíta, no Auditorio do Concello. As películas proxectadas foron: “Human” de Yann Arthus-Bertrand, “In the same boat” de Rudy Gnutti, “La tortuga roja” de Michaël Dudok de Wit, “Mañana” de Cyril Dion y Melanie Laurent e “Frágil equilibrio” de Guillermo García López.

A actividade contou con moi boa acollida nos medios, nas redes sociais (nas que ademais se creou unha páxina para o ciclo https://www.facebook.com/smartes.cine/) e coa asistencia dunha media de case 60 espectadores.

 

Deixa un comentario