Remata o curso do CFR “Contacontos como recurso na Educación para o Desenvolvemento”

Etiquetas: , , , , , ,

Categorias: Contacontos como recurso na EpD,Cursos,EVENTOS

Rematou o curso “Contacontos como recurso na Educación para a Solidariedade e o Desenvolvemento”, organizado un ano máis por Impórtanos xunto co Centro de Formación e Recursos de Vigo coa participación de docentes de infantil e primaria de 15 centros educativos de Vigo e comarca.IMG_1611

Un curso no que tratamos de achegar novos recursos aos docentes coa idea de formar a cidadáns e cidadás comprometidos coa realidade local e global.

Os bos docentes son aqueles que ensinan ao mesmo tempo, contidos, valores, amosan como é a realidade e acompañan na súa comprensión. Pero, se ademais, fano co fin de formar cidadanía participativa na súa sociedade, co intento de lograr unha transformación cara a un mundo máis xusto e solidario, entón traballan baixo o enfoque da Educación para o Desenvolvemento.

No curso tratamos de traballar dende a EpD aproveitando o potencial pedagóxico dos contos e fomentando o traballo colaborativo coas tablets coa axuda imprescindible de María Paz e Ana Lampón de Solidariedade Internacional de Galicia, Bea Campos e Águeda Fernández.

En definitiva, un espazo de traballo colaborativo, aberto, creativo, vital… e esperemos que transformador.

Deixa unha resposta