A exposición itinerante descansa co traballo feito

No 2017 ideouse un novo formato da exposición, adaptado aos centros educativos vigueses, que consiste en catro estruturas desmontables conforma de cubo nas que se colocan dezaseis lonas de 1,20 × 1,80cm coas vintesete fotografías da expo.

A versión itinerante da exposición cumpriu co seu obxectivo e visitou no 2018 sete centros educativos (Colexio Amor de Dios, Colexio Mariano, IES Beade,Colexio Apóstol Santiago, IES A Guía, IES República Oriental do Uruguai e IES Politécnico) con gran éxito de crítica e público.

Xunto coa exposición fotográfica organizáronse visitas guiadas e charlas co fotoperiodista viguésFelipe Carnotto para continuar a reflexión sobre as migracións, as nosas percepcións e as respostas, tanto individuais como estatais.

Participaron nas visitasun total de 351 alumnas e alumnos da ESO, que logo exerceron de guías doutros compañeiros e compañeiras do centro.

Nalgún caso, como actividade complementaria realizáronse tamén obradoiros para o alumnado de Secundaria co obxectivo de profundar na comprensión da realidade das fronteiras desde unha perspectiva de contexto, tomando conciencia do dereito á mobilidade como dereito universal e promovendo actitudes de respecto e empatía.

Ademais, a expo estivo presente tamén na xornada “Construíndo omundo que queremos” celebrada o 24 de novembro no Tinglado do Porto de Vigo.

Deixa unha resposta