Rebélate contra a pobreza!

Categorias: EVENTOS,NOVAS DE INTERESE

Os recortes producen pobreza

Con ese lema, a cita do 17 de outubro, Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, mobilizou ás 12 organizacións e colectivos que traballan nos ámbitos da exclusión social e da cooperación  internacional para o desenvolvemento desde a Rede Social Galicia Sur e ás 48 ONG de Desenvolvemento integradas na Coordinadora Galega de ONGD nunha concentración pacífica na Porta do Sol de Vigo e na recollida de firmas para a Iniciativa Lexislativa Popular a favor da dación en pago.

Ao redor do 17 de outubro, Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, tanto a Coordinadora Estatal de ONGD como a Coordinadora Galega de ONGD veñen, dende hai anos, organizando diversas actividades, marchas e concentracións para facer pública a aposta por un mundo no que os gobernos sitúen os dereitos das persoas por riba dos dereitos dos mercados e esixir o cumprimento dos compromisos na loita contra a pobreza.

Nesta ocasión, todos xuntos reclamamos un sistema que garanta o dereito de todas as persoas de todo o mundo a ter un nivel de  benestar mínimo, de acordo coa dignidade humana. Un sistema que promova a igualdade a solidariedade, a sustentabilidade e os dereitos sociais, económicos e de desenvolvemento de todas as persoas que habitan o planeta.

Podes ver a noticia tanto na Voz de Galicia coma no Faro de Vigo.

Deixa unha resposta