Rematou o proxecto para a autoconstrución de vivendas en Nicaragua

Etiquetas: ,

Categorias: EVENTOS,NOVAS DE INTERESE,PROXECTOS

O Concello de Vigo, membro dende o ano 1998 do “Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade”, do que a Concelleira de Políticas de Benestar, Doña Isaura Abelairas Rodriguez, é actualmente vicepresidenta, firmou no 2012 un convenio para a “ Mellora das condicións de habitabilidade e salubridade de 10 familias chorotegas de Totogalpa, Madriz (Nicaragua)” achegando 53.661,15€ sobre un orzamento total de 77.916,19€.

A través deste proxecto construíronse 10 vivendas en San José de Palmira, onde INPRHU mercou a terra e a distribuíu a mulleres sen terra.

A intervención comprendeu dous aspectos básicos: a autoconstrución de 10 vivendas e a capacitación da poboación beneficiaria en materia de autoconstrución de vivendas, agricultura orgánica e sanidade ambiental. Así mesmo, en cada unha das vivendas instalouse unha cociña mellorada, unha latrina, un sistema de captación de auga do teito, un filtro para depurala e un panel solar.

A mellora das condicións de habitabilidade contribuirá a evitar a proliferación do ‘mal de Chagas’ e doutras enfermidades contaxiosas.

Tendes máis información na páxina do Fondo e aquí no video do proxecto.

Deixa unha resposta