Presentamos o Estoxo na Biblioteca Xosé Neira Vilas

Etiquetas:

Categorias: Centros participantes,Contacontos,EVENTOS,XENTE CON PEGADA

Xa vos contamos que o proxecto dos estoxos viaxeiros iniciouse na Biblioteca X.N.V. en outubro de 2011 co obxectivo de impulsar e dinamizar hábitos lectores dando a coñecer outras realidades e outras culturas. De feito, ademais do estoxo de Impórtanos! a Biblioteca conta xa con dez estoxos dispoñibles ao préstamo tanto para os socios e público en xeral como para ludotecas, centros educativos e mesmo outras bibliotecas.

Os estoxos conteñen, ademais dos libros, xogos, receitas, obxectos para manipular, pequenos obradoiros ou pequenos traballos de investigación, incluíndo ademais algúns materiais destinados á sorpresa e a estimular o desexo de manipulalos e xogar con eles.Permiten o traballo por proxectos e facilitan tres tipos de actividades claves para o desenvolvemento de lectores, a animación á lectura, a lectura mesma e a formación documental e a investigación.

O estoxo de Impórtanos! presentouse hoxe na Biblioteca cunha sesión de contacontos a cargo de Bea Campos e dende hoxe mesmo está dispoñible ao préstamo, a que esperades?

Deixa unha resposta