A sesión de onte estivo dedicada a traballar a integración de propostas de EpD nos centros educativos e o traballo transversal da solidariedade e a cidadanía global.

María Paz e María Caride (de Solidariedade Internacional de Galicia) leváronnos ata o Sáhara con Irene, a protagonista dun dos seus “Contos do Mundo“. A través de lendas populares saharauís  achegámonos a valores como a tolerancia, o respecto á diversidade e o enriquecemento mutuo que nos proporcionan as diferentes culturas.

Foi unha boa mostra de como podemos fomentar a  interculturalidade desde as nosas aulas…

Para completar a sesión, Miguel Rodríguez, coordinador da Campaña Mundial pola Educación en Galicia no 2013-14 presentounos a campaña deste ano e achegounos ás experiencias de mobilización de tantos centros educativos de Galicia que participan ano tras ano na procura da educación para todos e todas.

Ademais, visitáronnos algúns dos ilustres participantes na CME como son Carlos Ferreiro e Ovidio Villar, Director e Vicedirector do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, I Premio Nacional de Educación para o DesenvolvementoVicente Ferrer” no ano 2009 e un exemplo de traballo en EpD, para falarnos do seu proxecto de centro, da súa irmandade coa Unidad Educativa (UE) Timoteo Rondales de Bermejo (Florida, Santa Cruz, Bolivia), do voluntariado…

A nota emotiva veu da mán de Luis Fernández, anterior Director do centro, que entrou vía Skype dende o Centro Español de Bogotá para contarnos a súa experiencia e da importancia da EpD nun centro. Un exemplo.

 

 

Deixa unha resposta