Pequeno azul, pequeno amarelo

Categorias: Contos con pegada,Pegada social

Contidos a traballar durante á actividade
• Coñecemento e posta en valor dos albumes ilustrados.
• Representacións abstractas.
• Identificación de sentimentos e emocións de pequeno azul e pequeno amarelo.
• Expresión plástica.
• Coñecemento das cores primarias e secundarias.
• Posta en valor e respecto do diferente.
• A pegada que deixamos nas persoas coas que convivimos amigos, profesores, familia.

Actividade proposta
• Volver a ler o conto na aula detidamente e reflexionar sobre o seu contido.
• Buscar información sobre o autor e a orixe deste conto.
• Creación do mundo de pequeno azul e pequeno amarelo con collage feito con follas de cores recicladas.
• Crear un enorme pequeno azul e pequeno amarelo xuntando todos os pequenos azuis e amarelos que fixeron os nenos.
• E o redor engadirlle bosques, patios para xogar, montañas … que cada neno faga.

Esta actividade pode realizarse na aula ou ben propoñerlla os pais para que realicen cos nenos, xa que é os valores que trasmite son moi valiosos para o traballo coas familias.

Recomendacións e suxestións
• Dramatizar do conto na aula.
• Reflexionar cos nenos na aula sobre os sentimentos de pequeno azul, pequeno amarelo e dos seus pais.

Deixa unha resposta