Pegadas de conto

Categorias: Contacontos,EVENTOS

Historias que deixan pegadas nos nenos e nenas que veñen escoitalas…

Todos os nenos e nenas séntense atraídos polo mundo dos contos e os educadores e as educadoras poden aproveitar ao máximo o potencial pedagóxico dos contos usando a literatura para desfrutar da lectura e ao mesmo tempo traballar os contidos da aula.

Os contos son unha boa maneira de motivar e introducir algún tema da Educación para a
Cidadanía Global, a Solidariedade e o Desenvolvemento.

Coma nos cursos anteriores, dende Impórtanos! ofrecémosvos sesións de contacontos coas que traballar as nosa pegada no mundo cos nenos e nenas de Infantil.

Bea Campos, catro contos e a inestimable e impetuosa participación dos nenos e nenas farán unha parte…

A outra tócalle ás mestras e mestres que, aproveitando algunha das propostas e ideas que lles deixaremos ou organizando a actividade que lles pareza, lograrán se dúbida que os máis pequenos e as súas familias cheguen a experimentar a forza das súas propias pegadas…  tanto na aula coma na casa.

Esperamos que a actividade sexa un éxito.

Vos animades?

Deixa unha resposta