APOSTA!

pola CIDADANÍA GLOBAL como aquela cidadanía comprometida activamente na consecución dun mundo máis xusto e sustentable.

Impulsa o respecto e a valoración da diversidade, a defensa do medio ambiente, o consumo responsable e o respecto aos dereitos humanos individuais e sociais.

INSPÍRATE!

nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que marcan unha axenda universal e transformadora, na que as persoas e o planeta ocupan un lugar central.

Unha axenda que nos compromete a todos e todas: gobernos, sector privado e sociedade civil.

e PROMOVE!

a toma de conciencia ligada ao compromiso para o cambio (pensar globalmente, actuar localmente).

 

Busca como participar nas liñas de acción da campaña:

1. Sensibilización

Actividades para o público en xeral como: conferencias, proxeccións de cine, exposicións, actos de rúa…

En que consiste en quen pode participar?

As actividades, que fomentan a reflexión sobre algún dos temas da campaña, son  gratuítas e abertas a todo o público. Publícanse na web e no facebook de Impórtanos e, en ocasións, para a asistencia pode ser necesaria a reserva de praza.

2. Formación

A campaña impulsa anualmente dous cursos: o obradoiro Achégate ao Sur (coa Universidade de Vigo) e o curso Contacontos como recurso na Educación para a Solidariedade e o Desenvolvemento (co Centro de Formación e Recursos do Profesorado de Vigo).

En que consiste en quen pode participar?

  • O obradoiro Achégate ao Sur é unha actividade formativa dirixida a todas aquelas persoas interesadas na análise das causas da pobreza e das relacións de desigualdade Norte – Sur, que desexen adquirir unha visión crítica da nosa realidade social e coñecer propostas de cambio.

As horas de formación son recoñecidas para créditos ECTS pola Universidade de Vigo e a matrícula é gratuíta, tanto para a comunidade universitaria como para a cidadanía en xeral.

  • O curso do CFR está incluído no Plan de Formación do CFR Vigo, e vai dirixido a docentes de Infantil e Primaria co dobre obxectivo de promover a reflexión sobre a Educación para a Cidadanía Global e o de facilitar a súa posta en práctica a través da literatura e o uso das TIC na aula.

As horas son homologadas polo CFR e a matrícula é gratuíta a través de FPROFE.

3. Educación para a Cidadanía Global

Con propostas educativas para os centros escolares de Vigo, como: contacontos, teatro, obradoiros, exposicións…

En que consiste en quen pode participar?

Cantos temas se traballan no curso?

Canto tempo terei que adicarlle?

 

Séguenos en facebook e apúntate á nosa lista de distribución para recibir toda a información.

 

ó principio