Outros contos de Wamba para Antía… dende o CEIP Illas Cíes

Etiquetas:

Categorias: Centros participantes,EVENTOS,NOVAS DE INTERESE,Teatro,XENTE CON PEGADA

Despois de acudir ao Auditorio do Concello o pasado 12 de decembro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria do CEIP Illas Cíes continuaron a darlle voltas ás historias de Wamba e ás reflexións que a Tropa de Trapo lles suxeriu.

Estas son algunhas das súas opinións:

*Gustoume moito a actuación porque os actores eran moi divertidos e as historias foro educativas e moi interesantes. Gustaríame volver a velos.
 
*Os contos  que contaron tiñan unha moralexa e gustáronme un montón. Polo nome do grupo pensaba que ía ser un teatro de marionetas. A batería era xenial.
 
*Paseino moi ben atendendo ás historias e participando nalgúns momentos.
 
*Gustoume moitísimo o teatro. Grazas á Tropa de Trapo  porque me rín con toda e reflexionei sobre as mensaxes dos contos.

aquí no seu blog

 

Logo, no seu colexio, fixeron os seus propios contos, como os que Wamba podería ter contado á Antía… e reflexionaron sobre eses pequenos regatos que enchen o río.

Botádelle unha ollada porque merecen a pena:

os outros contos

regatos que enchen o río

 

Pequenos regatos… ou xente pequena (coma eles e elas) que, con cousiñas pequenas van cambiando o mundo.

Parabéns polo voso traballo!

 

Deixa unha resposta