A todos nos gustan os contos, as historias que nos fan vibrar e coñecer lugares apartados e marabillosos.

Os cativos non son unha excepción, gozan cada vez que escoitan as palabras máxicas: Era unha vez… Cando o mestre, mestra, pai, nai ou persoa que os quere comeza o acto de contar, o tempo detense, a respiración contense e os ollos ábrense…

Os contos poden ser un bo recurso para achegar a solidariedade e a cidadanía global aos nenos e nenas de Infantil e Primaria… e mesmo ás familias e docentes. Por iso, onte no curso co Centro de Formación e Recursos do Profesorado Bea Campos introducíunos na arte de contar contos, comezando como enfrontarse a preparación dun conto, dende escollelo ata contalo.

Nesta primeira parte teórica analizouse diferentes materiais que os mestres ou mestras poden utilizar no seu traballo de aula (álbums ilustrados, prelibros, conto tradicional, contos-obxecto…). Falouse da tradición oral e os seus valores, sa tipoloxía dos contos e as idades recomendadas para cada unha… e outras claves para descubrir e potenciar o uso pedagóxico dos contos no traballo de EpD.

Relaxación activa , mans, cara, voz, materiais de apoio… Todo suma! e onte comezaron a ensaiar…

Mirádeos…

Deixa unha resposta