Obradoiros sobre cousas pequenas para cambiar o mundo

Categorias: Bacharelato,Obradoiros,Oferta de actividades,Secundaria

Obradoiros

Cambia a túa mirada para cambiar o mundo!

 

A Campaña Impórtanos enmárcase na Educación para a Cidadanía Global, que supón unha aposta por unha sociedade máis xusta e sustentable que, nese sentido, afecta directamente a un dos mecanismos fundamentais na reprodución (ou transformación) do modelo social, como o é a educación.

 

A ECG aposta por unha educación que ofreza un espazo para a formación de cidadáns e cidadás críticos e participativos que busquen dar respostas éticas aos desafíos do mundo actual.

 

A nosa proposta para contribuír a ese desafío en Secundaria e Bacharelato é a organización dun ciclo de obradoiros para achegarnos ás nosas pegadas.

Catro sesións nas que, partindo da análise das claves que constrúen o noso punto de vista, pretendemos reflexionar crítica e colectivamente sobre o contexto da cidadanía global, visualizando a desigualdade mundial, reflexionando sobre as razóns do desequilibrio e descubrindo pistas para un modelo de vida sostible.

 

Ficha da actividade Inscricións

 

 

Deixa unha resposta