Obradoiros 2017

Etiquetas: , ,

Categorias: Obradoiros

Obradoiros con Pegada 

 

No 2017 fixéronse obradoiros para o alumnado de Primaria e Secundaria co obxectivo de presentar a campaña e reflexionar sobre a sustentabilidade e as desigualdades mundiais.

En marzo tivemos un obradoiro cos grupos de 5º e 6º de Primaria no Colexio Possumus que logo irían ao teatro da Tropa de Trapo para presentarlles a campaña.

En maio tivemos dúas sesións no Colexio Mercantil co alumnado de 5º e 6º sobre comercio xusto e consumo responsable.

E entre abril e maio, fixemos seis sesións con dous grupos de 2º ESO do IES de Beade, nas que reflexionamos colectivamente, dun xeito dinámico e participativo, sobre o contexto da cidadanía global e as desigualdades e exclusións que este modelo provoca.

En total, os obradoiros impartíronse a 120 alumnas e alumnos dos tres centros mencionados.

Aquí tendes algunhas fotos:

Deixa unha resposta