Obradoiro sobre fotografía social en Teis

Categorias: Cursos,EVENTOS

A fotografía é unha xanela ao mundo real.

É un medio de expresión dos nosos sentimentos e pensamentos.

 

Dende o 22 de outubro de 2014 ao 14 de xaneiro de 2015, Impórtanos! organiza un Obradoiro de fotografía social en Teis co obxectivo de espertar a curiosidade polo mundo da fotografía e potenciar a creatividade, ampliar o coñecemento do noso entorno e de nós mesmos.

O obradoiro incidirá na fotografía dixital, ferramenta que permite facer fotos dende unha cámara, un móvil ou outras aplicacións dixitais, ver os resultados e compartilos con inmediatez e versatilidade.

Os asistentes adquirirán as ferramentas elementais para modelar e transmitir mensaxes coa linguaxe fotográfica que, finalmente, lles permitan facer una exposición cos traballos fotográficos feitos no obradoiro como un medio para compartir visións sobre a realidade desde diferentes perspectivas e experiencias.

Público ao que vai dirixido: Alumnado do último ciclo da ESO, Bacharelato e F.P. dos centros educativos de Teis.

Máximo 25 persoas.

 

Duración, calendario e prezo:

O obradoiro comeza o 22 de outubro e finaliza o 14 de xaneiro.

As sesións serán os mércores de 17:00 a 18:30 horas no Centro Sociocomunitario de Ríos, na rúa Baixada a Ríos nº 84.

A matrícula é gratuíta. Se estás interesado ou interesada, escríbenos Inscríbete

 

Cambia a túa mirada para cambiar o mundo!

 

Deixa unha resposta