Obradoiro Achégate ao Sur 2015

Categorias: Adultos,Oferta de actividades

Para todos aqueles que non queren permanecer indiferentes á realidade do mundo actual…

Un camiño para profundar no compromiso e un espazo de encontro no que intercambiar e reflexionar xuntos…

 

Un ano máis Impórtanos organiza coa Universidade de Vigo o obradoiro “Achégate ao Sur”, dirixido a todas aquelas persoas que están interesadas en achegarse á análise das causas da pobreza; que desexan ter un coñecemento máis amplo das relacións de desigualdade entre Norte e Sur; coñecer as propostas de cambio; potenciar o encontro intercultural; adquirir unha visión crítica da nosa realidade social e realizar prácticas solidarias.

O obradoiro ten unha duración de 20 horas (computables para créditos ECTS pola Universidade de Vigo) distribuídas en 5 sesións todos os xoves dende o 29 de outubro ata o 26 de novembro de 2015 (días 29 out, 5, 12 19 e 26 nov) sempre en horario de 16 a 20h.

A matrícula é gratuíta e podedes inscribirvos xa, na plataforma Bubela da Universidade de Vigo.

Descarga o programa Inscríbete

Deixa unha resposta