O río énchese de regatos pequenos…

Categorias: EVENTOS,NOVAS DE INTERESE,Teatro

“Antía, Wamba e o regato pequeño”, unha obra de A Tropa de Trapo para pasalo ben e pensar nas nosas pegadas.

Representación teatral organizada dende a campaña Impórtanos!, que pretende destacar o impacto, tanto local coma global, que teñen as nosas accións cotiás (o que consumimos, o que facemos na casa, nas nosas vacacións, no noso tempo libre..) convencidos de que “actuar sobre a realidade e cambiala, aínda que sexa un pouquiño, é o único xeito de probar que a realidade é transformable”.

Antía, Wamba e o regato pequeno é un espectáculo de A Tropa de Trapo que conta a historia de Antía, unha nena galega, e Wamba un mozo do Congo.

“Os contos de Wamba e as merendas de Antía fundiranse nunha amizade que lle ensinará a Antía que compartir non é dar o que che sobra e que, como din na tribo de Wamba, o río énchese con regatos pequenos”.

Deixa unha resposta