O CEIP Virxe do Rocío tamén ten unha boa Tropa…

Etiquetas:

Categorias: Centros participantes,EVENTOS,NOVAS DE INTERESE,Teatro,XENTE CON PEGADA

Onte a Tropa de Trapo levou a Antía e Wamba ao CEIP Virxe do Rocío coa idea de falar de solidariedade, de cooperación, de amizade… de ríos que se enchen pouco a pouco, con pequenos regatos.

Foron coa ilusión de transmitir que cooperar non é só axudar, é traballar xuntos por un mundo máis xusto para todos e todas e e que, como dicía Eduardo Galeano, “actuar sobre a realidade e cambiala, aínda que sexa un pouquiño, é o único xeito de probar que a realidade é transformable”.

E que atoparon?

Pois xente pequena… disposta a facer cousas pequenas para cambiar o mundo!

Deixa unha resposta