O CEIP Illas Cíes únese á Campaña Mundial pola Educación

Etiquetas:

Categorias: Centros participantes,Obradoiros,XENTE CON PEGADA

Esta mañá estivemos no CEIP Illas Cíes cos alumnos e alumnas de 5º de Primaria facendo un obradoiro para reflexionar xuntos sobre as nosas pegadas no mundo e para amosar aos adultos que os nenos e nenas teñen moito que dicir…

Hoxe tratábase ademais de falar da importancia da Educación coma unha ferramenta imprescindible para loitar contra a pobreza e conseguir un desenvolvemento sostible e coma un dereito de todas as persoas recoñecido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Propuxémoslles participar na Campaña Mundial pola Educación (www.cme-espana.org) a favor dunha Educación Inclusiva enviando unha carta coas súas reflexións e peticións ao Valedor do Pobo e, mellor que contalo, aquí tendes o resultado:

aquí no seu blog

 

Deixa unha resposta