O CEIP García Barbón únese á CME con Impórtanos!

Etiquetas:

Categorias: Centros participantes,Obradoiros,XENTE CON PEGADA

Hoxe os alumnos de 5º e 6º de primaria do CEIP García Barbón miraron o mundo doutra forma…

A campaña Impórtanos! achegou a cooperación ata 100 alumnos e alumnas do García Barbón en dous obradoiros de hora e media de duración cada un, nos que reflexionamos xuntos sobre as nosas pegadas.

Foron tres horas intensas e productivas gracias á atención, ao interese e ás preguntas dos nenos e nenas asistentes nas que tamén coñeceron a proposta da Campaña Mundial pola Educación, este ano coa vista posta na educación inclusiva (www.cme-espana.org).

Levaron que pensar… pero tamén que seguir preguntando.

 

Deixa unha resposta