O CEIP Carballal – Cabral a favor da Educación Inclusiva

Etiquetas:

Categorias: Centros participantes,Contacontos,Obradoiros,XENTE CON PEGADA

A Campaña Mundial pola Educación (www.cme-espana.org) é unha coalición internacional de ONG’s, sindicatos educativos, centros de ensinanza e movementos sociais de todo tipo comprometidos co Dereito á educación que nace en 1999 coa finalidade de esixir aos Gobernos o cumprimento do dereito á  educación de todas as persoas, reflectíndoo en practicamente todas as Declaracións, Foros e Cumios Internacionais. Pero é a partir do Foro Mundial sobre a Educación, celebrado en abril de 2000 en Dakar (Senegal), cando os gobernos do mundo e representantes das organizacións internacionais se comprometen a acadar unha Educación para todos e todas (EPT) en 2015.

Tralo Foro de Dakar, a CME centrouse en mobilizar a cidadanía para que esixa aos respectivos gobernos e á comunidade internacional que cumpran con estes compromisos…

Hoxe foi Bea Campos a que aproveitou as pegadas dos contos para traballar a Campaña Mundial pola Educación, usando a literatura para traballar os contidos da aula.

A través dos contos (O oso fabuloso, Por catro esquinitas de nada, Catarina o oso e Pedro e Pecha os ollos) os nenos e nenas de 1º á 4º de Primaria puxéronse na pel dos protagonistas, desfrutaron e reflexionaron acerca da importancia do colexio, recoñecendo o valor das outras persoas a pesar das diferenzas.

aquí podedes ver a noticia no seu blog

O pasado venres 25 foran as alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria os que traballaron a campaña a favor dunha Educación Inclusiva en dous obradoiros… Un fantástico traballo!

 

 

Deixa unha resposta