Coma todos os anos, en coordinación coa Coordinadora Galega de ONGD e a Rede SocialGalicia Sur, a campaña Impórtanos organizou a mobilización do Día Europeo do Comercio Xusto.

Nesta ocasión o denominado “Espazo de Comercio Xusto e Economía Solidaria” uniuse á Festa da Alegría, organizada pola Asociación de Veciños do Calvario e o pasado sábado 15 de xuño, durante todo o día houbo postos de información e venta de produtos de comercio xusto, moda sostible e alternativas de consumo responsable.

Ademais, organizouse unha actividade central:

Un desfile de moda de Comercio Xusto e Moda Sostible, que congregou a moita xente na tarde do sábado e amosou que, no ámbito da moda tamén é posible facer un consumo consciente e responsable, ben mercando roupa que respecte ás persoas e ao planeta, ben mercando roupa de segunda man pero,en todo caso, deixando de mercar o que non precisamos.

Tamén no Centro Social Faísca SOS Racismo organizou unha palestra co título “Sobrevivir non é delito” sobre a actividade dos manteros e as suas asociacións.

A actividade contou coa participación de: Campaña Impórtanos, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, CIFP Manuel Antonio, Fiare Banca Etica, Fridays for Future, Goree African Soul, Oxfam Intermón, Manos Unidas, Proclade Fundación, Provivienda, Solidariedade Internacional de Galicia, Sos Racismo Galicia e Taller de Solidaridad.

Unha das modelos do desfile con roupa de Goree African Soul

Deixa unha resposta