O Aprendizaxe – Servizo: Aprender facendo un servizo á comunidade

Categorias: Cursos,EVENTOS

O aprendizaxe-servizo é unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado, no cal os participantes se forman ao implicarse en necesidades reais do ámbito coa finalidade de melloralo.

Trátase dunha metodoloxía orientada á educac ión para a cidadanía, inspirada nas pedagoxías activas e compatible con outras estratexias educativas.

Un método para unir éxito escolar e compromiso social: aprender a ser competente sendo útiles aos demais.

É sinxelo e é poderoso.

O APS dilles aos mestres:

mete a campaña de recollida de alimentos na clase de sociais, mete a plantación de árbores na clase de ciencias, mete a narración de contos os nenos pequenos na clase de lingua… Que os teus alumnos teñan a oportunidade de aprender sendo útiles aos demais“.

Por que deberiamos procurar esta experiencia aos nosos nenos, nenas e adolescentes?

En primeiro lugar, porque o verdadeiro éxito da educación consiste en formar bos cidadáns capaces de mellorar a sociedade e non só o seu currículo persoal.

En segundo lugar, porque os nenos e mozos non son os cidadáns do futuro, son xa cidadáns capaces de provocar cambios no seu ámbito.

E en terceiro lugar, porque facer un servizo á comunidade, axudar aos outros, é un dos métodos de aprendizaxe máis eficaces, porque os mozos e mozas encóntranlle sentido ao que estudan cando aplican os seus coñecementos e habilidades nunha práctica solidaria.

Extracto do artigo “De que falamos cando falamos de Aprendizaxe Servizo? ”

publicado na Revista Crítica (n.º 972, Marzo-Abril 2011).


Dende Impórtanos! apostamos polo ApS como unha proposta educativa que supoña unha alternativa real, que poda unir o aprendizaxe co compromiso social… Unha forma coherente e que permita enlazar o trabajo do Consello e das ONGs cos centros educativos.

O luns 22 de setembro visítanos Roser Batlle que impartirá un obradoiro de iniciación no CFR Vigo (en horario de 17:00 a 20:00 h.).

Os obxectivos do obradoiro son:

  1. Divulgar os conceptos básicos do ApS, a súa fundamentación e o seu valor pedagóxico.
  2. Intercambiar e identificar proxectos de ApS entre as experiencias educativas habituais dos participantes.
  3. Estimular a práctica do ApS en proxectos futuros.

É gratuíto e vai dirixido a profesorado tanto de Primaria como de Secundaria, Educadores doutros ámbitos, voluntarios e profesionais das asociacións, entidades e ONGs que se relacionan con centros educativos…

Inscríbete