O Achégate ao Sur 2016 comeza en outubro con moitas novidades

Categorias: Achégate ao Sur,Adultos,Cursos,EVENTOS,Oferta de actividades

O obradoiro de formación para o desenvolvemento “Achégate ao Sur” chega esta ano repleto de novidades, ferramentas para interpretar algúns acontecimientos sociais e pistas para un modelo de vida sostible…

 

Logo Cursos Extension 2016O curso comezará, coma sempre, buscando as claves que constrúen o noso punto de vista e condicionan a nosa idea de “como son as cousas”… para logo, con esa idea presente, analizar as desigualdades económicas e sociais no mundo no que vivimos, profundando sobre que é o desenvolvemento, que é o mal desenvolvemento e que os diferenza…

 

As sesións serán participativas e pretenden partir da experiencia para reflexionar sobre cada tema concreto e motivar a acción, nesta ocasión, a través da análise crítica da comunicación, que nos permitirá achegarnos a distintos ámbitos do desenvolvemento coma o medio ambiente, o xénero, o consumo ou a participación.

 

O obradoiro amplíase ata as 30h (crédito ECTS) e contará coa presenza de Yayo Herrero López  (Cátedra UNESCO de Educación Ambiental e Desenvolvemento Sostible – UNED, Directora de FUHEM) e Carlos Taibo Arias (Universidade Autónoma de Madrid) en dúas sesións en aberto.

Tamén contaremos con:

  • Tempo de Loaira, S. Coop. Galega
  • Pablo J. Martínez Osés (Especialista en Cooperación Internacional e Desenvolvemento)
  • Xosé M. Baamonde (Decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo)
  • Roi Guitián e María Lobo (Gingko.gal)
  • María Paz Caínzos Rodríguez (Educadora Popular)
  • Xosé Cuns Traba (Director EAPN Galicia)

A que esperas?

Programa e inscricións

O obradoiro está organizado por Impórtanos! coa Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo e financiado polo Concello de Vigo e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (Xunta de Galicia).

Ten unha duración de 30 horas (computables para créditos ECTS pola Universidade de Vigo) distribuídas en 10 sesións todos os xoves do 6 de outubro ao 15 de decembro de 2016 en horario de 17 a 20h. (agás o 3 e o 24 de novembro, conferencias de 19:00 a 21:00h)

Lugar: Sesións ordinarias no Centro Local de Emprego e das Ocupacións, rúa Oporto nº 1 (sala multimedia, 2º andar). Sesións en aberto no Auditorio do edificio Arenal (esquina rúas Areal e Oporto).

A matrícula é gratuíta e podedes inscribirvos xa.

Prazo de inscrición aberto ata o 30 de setembro

 

Unha resposta a "O Achégate ao Sur 2016 comeza en outubro con moitas novidades"

  1. Rosa Posted on 31 Agosto, 2016 at 22:46

    Interesantísimo obradoiro.Animo a participar.

Deixa un comentario