Exposición da Campaña Mundial pola Educación no Aeroporto de Vigo

As Realidades dos Obxectivos de Educación Para Todos e Todas O equipo territorial de Galicia da Campaña Mundial pola Educación presenta unha nova exposición. Propoñemos unha viaxe polo mundo a través de tres lapis de cores que mostran a unidade entre nenos e nenas das máis diversas culturas e contextos.Os mesmos tres lapis percorreron decenas…

O CEIP García Barbón únese á CME con Impórtanos!

Hoxe os alumnos de 5º e 6º de primaria do CEIP García Barbón miraron o mundo doutra forma… A campaña Impórtanos! achegou a cooperación ata 100 alumnos e alumnas do García Barbón en dous obradoiros de hora e media de duración cada un, nos que reflexionamos xuntos sobre as nosas pegadas. Foron tres horas intensas…

Apostando pola educación inclusiva dende o CEIP Paraixal

Hoxe as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria do CEIP Paraixal tiveron a oportunidade de pensar dunha forma diferente. Tiveron a oportunidade de pensar no mundo doutra maneira, de reflexionar sobre as desigualdades, sobre a diversidade, sobre a riqueza, o desenvolvemento, de experimentar a competición e a cooperación, de buscar alternativas e…

O CEIP Carballal – Cabral a favor da Educación Inclusiva

A Campaña Mundial pola Educación (www.cme-espana.org) é unha coalición internacional de ONG’s, sindicatos educativos, centros de ensinanza e movementos sociais de todo tipo comprometidos co Dereito á educación que nace en 1999 coa finalidade de esixir aos Gobernos o cumprimento do dereito á  educación de todas as persoas, reflectíndoo en practicamente todas as Declaracións, Foros…

Aproveitando as pegadas dos contos… a favor dunha educación inclusiva

Baixo o lema “Sumemos capacidades. Polo dereito a unha educación inclusiva“, a Campaña Mundial pola Educación (www.cme-espana.org) reivindica en todo o mundo o dereito de nenos e nenas con necesidades educativas especiais a recibir unha educación de calidade, sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades, tal e como queda reflectido na Convención…

O CEIP Illas Cíes únese á Campaña Mundial pola Educación

Esta mañá estivemos no CEIP Illas Cíes cos alumnos e alumnas de 5º de Primaria facendo un obradoiro para reflexionar xuntos sobre as nosas pegadas no mundo e para amosar aos adultos que os nenos e nenas teñen moito que dicir… Hoxe tratábase ademais de falar da importancia da Educación coma unha ferramenta imprescindible para…

“Las Crepes de Mamá Panya”, un conto para desfrutar

Mamá Panya quere facer filloas…, pero Adika quere invitar a cear a todos os seus amigos. A todos eles lles fai moita ilusións o convite, pero Mamá Panya está preocupada.Poderá facer suficientes filloas para todos? Na cultura dos pobos de África, como é esta comunidade rural de Kenya que conta con moi poucos bens materiais,…

Achegándonos ao Comercio Xusto

A Campaña Impórtanos! xa dispón dos novos materiais para traballar o comercio xusto… o xogo da O-ka-kao (unha idea orixinal de REDES) A través do xogo e da vida de dous grans de Cacao en Ghana, os nenos e nenas van aprendendo e coñecendo conceptos sobre comercio xusto, consumo responsable e os beneficios dunha boa…

O CEIP Virxe do Rocío tamén ten unha boa Tropa…

Onte a Tropa de Trapo levou a Antía e Wamba ao CEIP Virxe do Rocío coa idea de falar de solidariedade, de cooperación, de amizade… de ríos que se enchen pouco a pouco, con pequenos regatos. Foron coa ilusión de transmitir que cooperar non é só axudar, é traballar xuntos por un mundo máis xusto…

CATEGORÍAS