obradoiros

Obradoiros que deixan pegada

Dende Impórtanos organizamos distintos obradoiros para achegarnos ás nosas pegadas. Pegadas que deixamos na nosa contorna, no económico, no social e no cultural.  Os obradoiros van dirixidos principalmente ao alumnado do último ciclo de Primaria e Secundaria e neles reflexionaremos colectivamente sobre o contexto da cidadanía global, visualizando a desigualdade mundial e reflexionando sobre as…

IMG_0765

Pegadas de conto

Historias que deixan pegadas nos nenos e nenas que veñen escoitalas… Todos os nenos e nenas séntense atraídos polo mundo dos contos e os educadores e as educadoras poden aproveitar ao máximo o potencial pedagóxico dos contos usando a literatura para desfrutar da lectura e ao mesmo tempo traballar os contidos da aula. Os contos…

cursoCFR

Curso: Educar contando contos… e utilizando as TIC

Un ano máis pensamos utilizar os contos para traballar os contidos da aula e nesa idea andamos, levando as sesións de contacontos ou o teatro aos vosos centros educativos… mentres organizamos un novo curso titulado “Educar para a Solidariedade e o Desenvolvemento contando contos… e utilizando as TIC”. O curso, aínda pendente de aprobación, é…

AAS

Obradoiro Achégate ao Sur na UVigo. Xa podes inscribirte!

Para todos aqueles que non queren permanecer indiferentes á realidade do mundo actual… Un camiño para profundar no compromiso e un espazo de encontro no que intercambiar e reflexionar xuntos…   Un ano máis Impórtanos organiza coa Universidade de Vigo o obradoiro “Achégate ao Sur”, dirixido a todas aquelas persoas que están interesadas en achegarse…

aps2

O Aprendizaxe – Servizo: Aprender facendo un servizo á comunidade

O aprendizaxe-servizo é unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado, no cal os participantes se forman ao implicarse en necesidades reais do ámbito coa finalidade de melloralo. Trátase dunha metodoloxía orientada á educac ión para a cidadanía, inspirada nas pedagoxías activas e compatible con…

miniatura_web

Exposición da Campaña Mundial pola Educación no Aeroporto de Vigo

As Realidades dos Obxectivos de Educación Para Todos e Todas O equipo territorial de Galicia da Campaña Mundial pola Educación presenta unha nova exposición. Propoñemos unha viaxe polo mundo a través de tres lapis de cores que mostran a unidade entre nenos e nenas das máis diversas culturas e contextos.Os mesmos tres lapis percorreron decenas…

IMG_0494

O CEIP García Barbón únese á CME con Impórtanos!

Hoxe os alumnos de 5º e 6º de primaria do CEIP García Barbón miraron o mundo doutra forma… A campaña Impórtanos! achegou a cooperación ata 100 alumnos e alumnas do García Barbón en dous obradoiros de hora e media de duración cada un, nos que reflexionamos xuntos sobre as nosas pegadas. Foron tres horas intensas…

20140515_131622

Apostando pola educación inclusiva dende o CEIP Paraixal

Hoxe as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria do CEIP Paraixal tiveron a oportunidade de pensar dunha forma diferente. Tiveron a oportunidade de pensar no mundo doutra maneira, de reflexionar sobre as desigualdades, sobre a diversidade, sobre a riqueza, o desenvolvemento, de experimentar a competición e a cooperación, de buscar alternativas e…

IMG_0470

O CEIP Carballal – Cabral a favor da Educación Inclusiva

A Campaña Mundial pola Educación (www.cme-espana.org) é unha coalición internacional de ONG’s, sindicatos educativos, centros de ensinanza e movementos sociais de todo tipo comprometidos co Dereito á educación que nace en 1999 coa finalidade de esixir aos Gobernos o cumprimento do dereito á  educación de todas as persoas, reflectíndoo en practicamente todas as Declaracións, Foros…

IMG_0451

Aproveitando as pegadas dos contos… a favor dunha educación inclusiva

Baixo o lema “Sumemos capacidades. Polo dereito a unha educación inclusiva“, a Campaña Mundial pola Educación (www.cme-espana.org) reivindica en todo o mundo o dereito de nenos e nenas con necesidades educativas especiais a recibir unha educación de calidade, sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades, tal e como queda reflectido na Convención…

CATEGORÍAS