Vivir mellor con menos

Unha charla de Carlos Taibo   Onte, no auditorio municipal do Areal tivemos o pracer de escoitar a  Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo é a figura máis destacada no noso país da Teoría do Decrecemento. Escritor con cerca de 40 libros publicados acaba de…

Construíndo o mundo que queremos

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 17 obxectivos para transformar o noso mundo   Coñecemos o problema e tamén sabemos que existen solucións reais e factibles. Tratando de fomentar a reflexión sobre a pobreza e a desigualdade co marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que conforman a nova axenda de loita contra a pobreza global…

Finalizan as sesións de contacontos con Bea e Davide

Foron, de novo, Contos con Pegada que chegaron a 10 centros educativos vigueses (aínda que as solicitudes foron moitas máis…).   Un ano máis, dende a Campaña Impórtanos ofrecemos unha nova sesión de “Pegadas de conto”, creada xa no 2012 para difundir a campaña e traballar sobre a nosa pegada no mundo. As sesións de…

Miradas ecofeministas para transitar un mundo xusto e sostible

Unha charla de Yayo Herrero (Cátedra UNESCO de Educación Ambiental e Desenvolvemento Sostible – UNED, Directora de FUHEM)   Onte, no auditorio municipal do Areal tivemos a oportunidade de desfrutar da presenza de Yayo Herrero, referente nacional e internacional da ecoloxía social, o feminismo e a corrente do decrecemento. Yayo falou de aspectos esenciais como…

Máis actividades para a túa escola

Exposicións, cine, materiais… Dende Impórtanos estamos atentos ás novidades, materiais e proxectos que as distintas ONGDs están a impulsar no ámbito da EpD e intentamos traer á nosa cidade exposicións sobre distintos temas para montar no voso centro, visitas de persoas do Sur, películas interesantes para organizar video-forums, etc. Exemplos delo son: -a exposición Somos…

Xusto!, no teu IES

O Comercio Xusto é un sistema comercial solidario e alternativo ao convencional que persegue o desenvolvemento dos pobos e a loita contra a pobreza. Neste modelo, a produción e o comercio están ao servizo das persoas e fan posible o desenvolvemento das poboacións máis desfavorecidas porque, ademais dos criterios económicos, ten en conta valores éticos…

Obradoiros sobre cousas pequenas para cambiar o mundo

Obradoiros Cambia a túa mirada para cambiar o mundo!   A Campaña Impórtanos enmárcase na Educación para a Cidadanía Global, que supón unha aposta por unha sociedade máis xusta e sustentable que, nese sentido, afecta directamente a un dos mecanismos fundamentais na reprodución (ou transformación) do modelo social, como o é a educación.   A…

Curso “Contacontos como recurso na Educación para a Solidariedade e o Desenvolvemento”

“Os contacontos como recurso na Educación para a Solidariedade e o Desenvolvemento” Un curso para aproveitar ao máximo o potencial pedagóxico dos contos, fomentando o traballo colaborativo e utilizando ferramentas dixitais. O curso pretende sensibilizar sobre a necesidade dunha educación transformadora como medio para formar a cidadáns e cidadás comprometidos coa realidade local e global…

Teatro coa Tropa de Trapo 2016

A Tropa pon as historias… e o público as reflexións   As actuacións da Tropa de Trapo son máis ca espectáculos de contos… Hai contos pero tamén reflexión. Porque eles teñen cousas que contar, pero o público tamén. Para falar de cooperación e solidariedade é preciso primeiro unha reflexión sobre o mundo. Comezando polo mundo…

CATEGORÍAS