Comezan os contacontos! …no CEIP Seis do Nadal

Os nenos e nenas do CEIP Seis do Nadal tiveron recibiron hoxe a Bea Campos e os seus contos. Historias que deixan pegadas! Pegadas nos outros, pegadas na contorna, pegadas en nós mesmos… Aproveitando a literatura para traballar os contidos da aula… e pasándoo ben.  

“Achégate ao Sur” na Universidade de Vigo

Aberto o plazo de inscripción para o obradoiro de formación para o desenvolvemento, “Achégate ao Sur”. Dirixido a todas aquelas persoas que están interesadas en achegarse á análise das causas da pobreza; desexan ter un coñecemento máis amplo das relacións de desigualdade entre Norte e Sur; coñecer as propostas de cambio; potenciar o encontro intercultural;…

Charla: “A trampa da austeridade. O verdadeiro custe da desigualdade en Europa” o 3 de outubro

IO acaba de publicar, simultáneamente con Oxfam Internacional, un novo informe: “A trampa da austeridade. O verdadeiro custe da desigualdade en Europa”. As políticas de austeridade europeas están a desmatelar os mecanismos que reducen a desigualdade e fan posible o crecemento.Europa enfrentase a unha década perdida polo aumento da desigualdade e a pobreza. Se as…

Rematou o proxecto para a autoconstrución de vivendas en Nicaragua

O Concello de Vigo, membro dende o ano 1998 do “Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade”, do que a Concelleira de Políticas de Benestar, Doña Isaura Abelairas Rodriguez, é actualmente vicepresidenta, firmou no 2012 un convenio para a “ Mellora das condicións de habitabilidade e salubridade de 10 familias chorotegas de Totogalpa, Madriz (Nicaragua)” achegando…

A obra Pobreza 0,0 chega á Parroquia do Cristo da Victoria

A través dun programa de radio, con distintos gags de por medio e coa colaboración do público… Así chegou a obra “Pobreza 0,0” á parroquia do Cristo da Victoria. Toques de humor e mensaxes para a mobilización e a participación cidadá. Temas como o comercio xusto e responsable (sobre todo), a especulación financeira, a deslixitimación…

Compostando no Colexio Monterrey

Amigos da Terra levou a cabo hoxe un obradoiro sobre compostaxe para alumnos/as de 1º da ESO do CPR Monterrey. Depois de reflexionar acerca da problemática e o ciclo dos residuos e a contaminación derivada do seu procesamento, rapaces e rapazas construiron colectivamente dous composteiros artesanais. Esta actividade ademais de permitirlles achegarse ao proceso de…

CATEGORÍAS