Muros: reflexións sobre a mobilidade humana

Etiquetas: ,

Categorias: Cine,Conferencias,EVENTOS

Coloquio e documental no MARCO

O salón de actos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo quedou pequeno o pasado venres para acoller ás case 200 persoas que asistiron a escoitar e participar das reflexións que sobre mobilidade humana ofreceron o xornalista Fernando González “Gonzo”; a experta do Consello de Europa no proxecto Intercultural Cities e membro de Instratiegies Gemma Pinyol- Jiménez e o doutor en migracións e membro de Cáritas España Sergio Barciela.

Os protagonistas do coloquio, organizado conxuntamente coa Universidade de Vigo, a través da súa Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Cooperación e Igualdade; achegaron a súa particular visión dun fenómeno, o migratorio, que os tres coincidiron en lembrar é inherente á historia da humanidade, pero que nos últimos tempos está a sufrir os negativos efectos dunha nefasta xestión política, así como dun inapropiado tratamento por parte dos medios de comunicación.

Fronte a esta situación, “Gonzo”, Pinyol e Barciela, demandaron responsabilidade á clase dirixente, unha sociedade esperta e sensible e uns medios de comunicación que acheguen unha imaxe real e completa das e dos protagonistas das migracións.

“O punto de partida é que amigración é unha oportunidade e non un problema, aínda que se formula así”,aseguraron Sergio Barciela e “Gonzo”, mentres que Gemma Pinyol-Jiménez incidiuna idea de que “cómpre pensar a migración e positivo. Son historias de persoasque fan cousas e se non, lles damos a razón a quen constrúe os muros e odiscurso do medo”, dixo a investigadora.

O vídeo completo das intervencións pode consultarse naweb da UVigoTV, neste enlace.

Deixa unha resposta