Mural colectivo en Vigo contra a pobreza e as desigualdades

Etiquetas:

Categorias: EVENTOS,MANIFÉSTOME!

Impórtanos, a Coordinadora Galega de ONGD e a Rede Social Galicia Sur (RSGS) organizaron en Vigo a Semana de loita contra a pobreza e as desigualdades no marco da campaña Pobreza Cero convocando á cidadanía a decorar de forma conxunta o muro xunto ao Centro de Inclusión de Vigo, na rúa Marqués de Valterra.

10302460_768252219988028_6825086062216848768_nEste 2015 as nosas reflexións veñen marcadas pola crise migratoria e quixemos deixar claro que para nós non existe ningunha diferenza entre escapar da guerra, a violencia ou a pobreza. Entre fuxir da represión, a morte ou a fame.

Existe unha liña moi difusa entre a migración por motivos políticos e o exilio económico. Todas as variables que impulsan ao desprazamento xorden das desigualdades: hoxe, 85 persoas acumulan tantos recursos como 3.570 millóns de seres humanos en situación de pobreza, a maioría mulleres e nenas.

Entre tanto discurso sobre economía, fronteiras, nacionalidades… necesitamos reivindicar que o primeiro son as persoas, os seus dereitos e a necesidade de construír entre todo un mundo máis xusto.

A iniciativa contou co apoio do proxecto Til Diacrítico e o día 23 de outubro, dende as 16:30 os participantes puideron deixar as súas pegadas nun mural construido entres todas e todos e, para pechar o acto, ás 19:30 horas tivo lugar a concentración e a lectura do manifesto.

 

Aquí tendes fotos do mural. Gracias por vir e volcar a vosa creatividade na loita por un mundo máis xusto e igualitario…

Flickr API error: Service currently unavailable (Site Disabled)

Deixa unha resposta