Manifesto do Día Mundial do Comercio Xusto da Coordinadora Estatal de CX

Categorias: EVENTOS,NOVAS DE INTERESE

“Tira do fío”

Queremos aproveitar este día para tirar do fío e poñer de manifesto que é o que hai detrás de gran parte da roupa que vestimos. E o que hai non son máis ca inxustizas e violacións de dereitos humanos. Este sector, que move 34.000 millóns de euros ao día soamente en Europa, amosa de xeito moi claro as consecuencias da globalización e dun modelo económico profundamente inxusto, no que os dereitos dos traballadores e traballadoras quedan supeditados ao beneficio económico duns poucos.

É un sector onde:

  • As multinacionais quedan co máis lucrativo do negocio, en tanto que os traballadores e, sobre todo, as traballadoras das maquías realizan xornadas extenuantes de 12 ou 14 horas en condicións infrahumanas.
  • O 80 % das persoas traballadoras son mulleres, que ganan como media entre un 20 e un 50 por 100 menos ca os homes polas mesmas tarefas.
  • Se produce unha deslocalización continua a aqueles países onde os sindicatos son perseguidos, as negociacións colectivas non están garantidas e os traballadores e traballadoras non poden velar polos seus dereitos máis elementais nin defendelos.
  • A subcontratación significa feminización da pobreza, explotación laboral e delegación de responsabilidades por parte das multinacionais nas empresas que as subministran. Hoxe, Día Mundial do Comercio Xusto, queremos lembrar as comunidades e persoas que máis están sufrindo esta situación de explotación, de pobreza e exclusión, así como as causas que as provocan.

E porque nos importan, desde o movemento do Comercio Xusto queremos dicir alto e claro que imos seguir tirando do fío para seguir denunciando estas inxustizas e defender un mundo máis xusto, máis humano, máis decente.

Non queremos ser cómplices da inxustiza!

Actúa! Tira do fío!

 

Web da Coordinadora Estatal de Comercio Xusto

Celebración do sábado 9 de maio en Vigo

Deixa unha resposta